En Acadar Aula Técnica damos clases particulares de grupos moi reducidos e personalizadas segundo o nivel do alumno. Axudámoste a lograr os teus obxectivos, analizando e reforzando os teus puntos débiles e facendo que recuperes as ganas de estudar.
Non só nos limitamos a intentar aprobar os exames, senón que intentamos que sexas capaz de aprender dunha maneira sólida os contidos. Esta é a maneira de que te sintas máis seguro de ti mesmo e que, co tempo, non necesites clases particulares.
Por que grupos reducidos?
Os grupos reducidos fan que esteas conectado á clase todo o tempo. Redúcense moito os despistes, as faltas de concentración e os tempos perdidos por esperar a resolver dúbidas. De cada hora de clase, aproveitarás unha hora.
Como son as clases?
Durante as clases hai fases de exposición e explicación da materia e fases de traballo individual do alumno, controlado en todo momento. Non son clases onde se está todo o tempo explicando no encerado, senón que a aprendizaxe é compartida entre profesor e alumno. Despois dunha breve explicación, o alumno empeza a traballar en exercicios relacionados, dándose conta que os pode facer por si mesmo.
Os profesores téñenme manía
Algo farías…! Pero se pensas que este é o motivo polo cal non estás aprobando, estás equivocado. Para que un profesor estea pendente de ti, chega con que un día fixeras algo que non lle gustou, pero non significa que che teña manía… Simplemente, acabas de darte máis visibilidade, de crear unha campaña de desprestixio na túa contra e isto fai que estean máis atentos aos teus movementos. Seguramente poidamos solucionar este problema controlando ben as datas de entregas de traballos, facer os deberes e estudar mellor para os exames. Nunhas semanas desaparece a “manía”.