*Tarifas vixentes ata o 24/06/2023
Clases mixtas de grupos reducidos
Poderás traer a clase as materias que consideres oportunas para preparar cada día ou facer os deberes que consideres oportunos. Ao tratarse de grupos pequenos vas ter tempo para traballar, para recibir explicacións e para recibir correccións. Proporcionarase material tanto en papel como dixital (exercicios, teoría, videos…).
Como funcionan as tarifas fixas?
Os prezos que figuran na seguinte táboa son prezos fixos para un mes natural. As principais vantaxes de ter unha tarifa fixa son as seguintes:
- Horario fixo: Sempre terás un espazo na aula para disfrutar dunha clase de calidade en grupo reducido
- Mellores resultados: por propia experiencia, os alumnos que acuden con regularidade, obteñen mellores resultados en menos horas de clase. Un atracón de última hora antes dun exame acaba costando o mesmo e os resultados, en xeral, son peores.
- Flexibilidade para cambiar clases. Incluso se se trata de algo importante e non podes asistir, poderaste conectar e SEGUIR A CLASE ONLINE!!
- Se perdes horas de clase, facilitarase o máximo posible que as recuperes na maior brevidade posible.
- Mellor prezo respecto a pagar por horas soltas
Aplícase desconto do 20% por segundo fillo matriculado ou sucesivo**
Horas á semana | Prezo mensual* |
1 hora | 35 € |
1 hora e media | 50 € |
2 horas | 65 € |
3 horas | 95 € |
4 horas | 120 € |
5 horas | 140 € |
6 horas | 168 € |
* Condicións
– Os prezos pactaranse previamente co pai, nai ou titor do alumno. Farase unha previsión das horas semanais esperadas e axustarase o prezo segundo a tabla anterior.
– O importe total mensual é unha cuota fixa independentemente dos días lectivos, festivos e pontes, xa que se compensan cos meses con máis de 4 semanas e ademais é posible cambiar as clases para outros días.
– As horas non asistidas poderán ser recuperadas no prazo de dúas semanas pero non serán reembolsadas.
– As horas perdidas por mor do profesor, serán recuperadas na maior brevidade posible. No caso de non poder ser recuperadas, serán reembolsadas acorde ao prezo por hora que corresponda á tarifa.
– Os cobros realízanse a mes vencido, durante a primeira semana do seguinte mes. Exemplo: as clases de marzo cóbranse na primeira semana de abril.
** O desconto por segundo fillo matriculado e sucesivos: A cada alumno correspóndelle unha factura. Aplicarase un desconto do 20% nas facturas de menor importe.
Tarifas por horas soltas
Sin embargo se o que precisas é só clase de maneira puntual, o prezo por hora será de 9€ e deberás pedir cita para cada clase, para poder garantir que hai espazo na aula.
Clases especiais, clases individuais, a domicilio ou online
Prezo xeral de clase individual para hora solta: 15€. Para máis horas ou horario fixo consultar prezo.